Pedras RAI: A primeira moeda con blockchain

in blocochain •  7 years ago 

[Resumo] :As pedras Rai empregadas tradicionalmente como moedas na illa de Yap, garantizan a propiedade en función da memoria colectiva que coñece a historia e movementos das moedas, a xeito de blocochain


Atendendo á definición de blocochain como a base de rexistros e dados distribuidos e compartilhados cuxa función é ter un índice global de todas as transaccións existentes para un determiñado mercado, o cal, funciona como un libro contable maior público e partilhado, que ademais cria consenso e confianza entre as partes, podemos (e debemos) afirmar que a primeira moeda baseada na blocochain (cos condicionantes propios dos contratos intelixentes incluidos) foi a moeda Pedras RAI da Micronesia.

Un pouco de historia

Se dice que os habitantes das illas Yap descubriron a pedra caliza, da cal eles carecían, na vecinha ilha de Palaos arredor do ano 1400, sendo cortadas en forma de balea ó principo, e mais tarde sendo talladas con forma circular, previsiblemente para facilitar o transporte.
A inexistencia de caliza en Yap deu un notable valor a estas pedras, que a partires de entón foron usadas como moeda.
O tamaño das pedras varía moito, decindose que hai algunhas que acadan os 4000 kg de peso e é tan grande o arraigo da moeda RAI dentro da colectividade que é un dos motivos das matrículas dos automóbiles do Estado Yap.

800px-Yap_Stone_Money.jpg


Pedra Moeda Yap na vila de Gachpar

A Blocochain e Pedras/Moeda RAI

Os yapenses actualizaron a súa moeda ó estilo moderno hai xa tempo, mais as Pedras RAI seguen a ser un medio de troco dentro das tradicións e transaccións sociaisdos habitantes da ilha como dote para matrimonios, herdanzas, pactos políticos ou símbolo de alianza.

Ainda que a propiedade da pedra cambie, normalmente esta non muda de sitio, xa que os yapenses conhecen o nome dos propietarios e a historia das grandes pedras, incluindo aquelas que durante o traslado poideran rematar no fondo do mar como resultado de algún naufraxio.
Dada a dificultade para mover estas moles calizas, basta con declarar o troco de titularidade publicamente, e este conhecemento instalase na tradición oral Yap como si era fora a blocochain, e o igual que un intanxible BitCoin, é o coñecemento colectivo o que da acceso á propiedade.
De feito, para que o troco de titularidade quede grabado na blocochain oral colectiva é importante dar unha efectiva publicidade da transacción da propiedade. (Semellando o consenso entre nodos]

Presentation_of_Yapese_stone_money_for_FSM_inauguration.jpg

Presntación das pedras diñeiro na inauguración dos Estados Federados da Micronesia

Pedras/Moedas RAI e contratos Intelixentes

Dando según as premisas anteriores a entidade de "Asset" as pedras RAI, ocurre que elas poden mudar de valor en función de eventos que ocurren ou ocurriron ó longo da súa existencia como moeda.
Así, se en algún momento algún individuo principal foi dono da pedra/moeda, esta acada mais valor, ou ben si durante o transporte da pedra deuse a fatalidade de que persoas morreran ocurre o mesmo.
Sen dúbida, a comparanza entre as pedras (sobre ou sub valuadas) en función da súa historia ten un parecido algo mais que razoable con un kriptokittie con unha xenética prodixiosa.

String_Figures_and_How_to_Make_Them.djvu.jpg

Pedras diñeiro de Yap


Fontes:

Authors get paid when people like you upvote their post.
If you enjoyed what you read here, create your account today and start earning FREE STEEM!
Sort Order:  

Excelente comparação bem util para ajudar a explicar ao comum mortal a dinamica e o uso real de blockchain. Não conhecia como tal agradeço a contribuição dada para a minha cultura geral.