Leo con fruicción no diario la opinión que o concello da Corunha vai migrar seus servizos informáticos municipais ó Software Livre mediante unha colaboración con Agasol por un importe de 39.000€.
Neste post queremos dar parabéns á corporación municipal por ter dado este importante avance na democratización e reducción de costes dos servizos informáticos municipais.
Aspectos positivos da mudanza a Software Libre
- O diñeiro Público será invertido en Código Público.
- O Software Livre é auditable e por ende mais seguro.
- O Sotware livre é adaptable ás necesidades da institución.
- O Software livre tamén é comercial e xenera beneficios e traballo para as gentes da comarca ou traballadoras e empresas do sector.
Aspectos Negativos de mudar á Software livre
- _
Os actores da mudanza
En cada movemento económico (e político) existen unha serie de actores que son esas persoas ou institucións que fan que "as cousas ocurran". Velaiquí os actores (e os únicos detractores tambén) de esta progresista proposta:
O Alcalde Xulio Ferreiro
Xulio Ferreiro acadou a alcaldía de "A Corunha" en Xuño do 2015 cos votos de PSOE, BNG e En Marea.
[Imaxe Xulio Ferreiro CC](https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Ciutats_pel_ b%C3%A9_com%C3%BA_ (21157202185).jpg)
Agasol
Agasol é unha asociación de empresas galegas de Software livre empeñada en promocionar un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta chave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos á cidadanía.
Coruña Smart City Open Data
Smart City é un poxecto para potenciar o acceso e reutilización de datos públicos, e que está acompañado de unha serie de aplicacións de utilidade para a cidadanía.
O Partido Popular.
O Partido Popular é o principal partido da oposición na Corunha, e está composto pola parte mais iletrada tecnicamente da sociedade.
Súas principais actividades é a asistencia a ágapes e a reunións de tipo relixioso e alienante.
Xa no ano 2013 tachaban de "irresponsable" o intento de pasar o FLOSS no 2013, a pesares de que esta mudanza supón un aforro para a cidadanía de 500.000€ anuais.
Fonte de imaxe non relacionada co texto//Pixabay
Conclusións
A consideración que debemos facer como amantes da descentralización e o retorno da inversión á cidadanía, aledamonos (e apoiamos na medida das nosas posibilidades) o vector de apoio á comunidade FLOSS do concello de A Corunha.
Entendemos que é o único camiño.
Obrigadas por leer.... e sabendo que podes non estar de acordo con isto que plantexamos, convidote a opinar e a contrariar esta tese que eiquí plantexamos.
Bicos, e ten un bo día.