Ola, República Steemit.
No caso que nos ocupa, dentro da Actividade de Certificación de Autorías nas que se está traballando, imos un paso adiante, un paso atrás.
Dificultades atopadas:
- Falla de comprensión do proceso e métodos dos mètodos criptográficos.
- Escasa difusión de ferramentas _non técnicas.
Requisitos técnicos para realizar estes exercicios
- PC GBU/Linux con conexión a Internet.
- Navegador web.
- GNU Privacy Guard (GPG)
- PDFTK
- NanoWallet de NEM
Para ter material co cal traballar, criamos un wikilibro.
Tomouse como concepto referencial "As árbores Senlleiras de Galicia" con materiais extraidos da Galipedia.
Unha vez tido o libro criado e decorado con unha portada e unha entradiña, tocou supoñer exercicios para facer con el.
Polo de pronto, valaiqui queda ó voso dispor, con unha chamada a todos e todas a construir mais galipedia para traer noso Patrimonio Inmaterial á Internet.
- Ficheiro de Traballo: Wikipedia_gl_Arbores_Senlleiras_de_Galicia_Xunho_2018_chave_senlleiras.pdf
Protexer un ficheiro con gpg
Se trataba de facer timestamping dende o propio PC, pero .... mmmm se ve que ainda compre madurar un pouco para chegar ata ese punto.
En Linux: Encriptar un ficheiro con gpg
gpg -c nomeficheiro.ext
Escribir e confirmar seña.
En Linux: Desencriptar ficheiro con gpg
gpg exemplo.pdf.gpg
Saída esperada:
Ficheiro de traballo (Seña: Senlleiras): Wikipedia_gl_Arbores_Senlleiras_de_Galicia_Xunho_2018_chave_senlleiras.pdf.gpg
Quedará para outra ocasión ser quen de asinar dixitalmente os documentos xa que nos intentos realizados requirese un certificado da FEMT ou algún certificado Raiz que non somos capaz de que resulte uidentificado.
Unha vez que xa aprendemos a restrinxir o acceso ó noso wikilibro en formato PDF deseamos criarlle, a modo de test, un certificado de orixinalidade.
Con elo imos demostrar que fomos as voluntarias da "Asociación Acción Cultural" quenes realizamos o traballo de maketación e diseño do material.
Criar un Certificado de Orixinalidade mediante "Apostilles" de Nem.
Criar un certificado de orixinalidade para un ficheiro con Apostilles é moi doado.
Para criar un certificado de Timestamping con Apostilles, necesitas dispor de algún token XEM na carteira.
Invoca o programa NanoWallet, e dirixete á pestana Servizos. Fai Click en Apostilles.
Isto desplegará a pantalla de certificación.
O programa pideche que escribas a seña da carteira e as etiquetas para definir o libro.
Cargamos o ficheiro desexado (PDF das senlleiras) e engadimos un ficheiro texto xustificando a actividade. En canto temos os ficheiros incluidos (imaxes, textos, traballo final... ) que poden ser ata 26,
Pulsamos o botón enviar.
Recibiremos un arquivo zip contendo os ficheiros incluidos, as certificacións de cada un de eles e un ficheiro de controle con extensión .nty. Descarga Documento Certificado Arbores Senlleiras
Para verificar a sinatura dos arquivos só tes que arrastralos ata a caixa de verificación e devolverá mensaxe de verificación. Sinalar que a verificación de arquivos é gratuita, pero é necesario ter NanoWallet instalado.
A seguir podedes ver un dos documentos de notarización. O código QR leva á transacción da sinatura de certificación.
Gracias pola visita. Si crees que podemos axudar, contactanos ou comenta.
Apertas dende Galicia.
Asociación Acción Comunitaria Cultural das Coutadas.
NIF: G27853233
Núm Inscripción Rexistro de Asociacións Xunta de Galiza: 2017/201746-1ª
accioncomunitariacultural[arroba]gmail.com