Remeter: Un desafío con premio.

in pt •  7 years ago 

Si, considero desafío remeter(che) este post e que o teñas en consideración e chegues a pensar en participar na gincana de escrita/fotografía que che proponho.

Resultame desafio porque non sei si o lees ou como gostarías que fora o enfoque; porque xa levo mais de unha ducia de edicións e non hai candidatos nin candidatas para o premio e tampouco comentarios alá abaixo, salvo @cheeta con quen estou a trabar unha forte amizade e xa considero unha parte moi importante de este projeto.

É pretensión da #gincana tamén, acadar patrimonio verbal para "galeguizar" os tags e crear a propia base de etiquetas lusófonas, e ¿por qué non? aprender e usar esas palavras pouco leidas que tanto esplendor lle dan a nossa lingua común.

Pois imos... que vamos....

Desafiote a que participes e gañes nesta Gincana de escrita/fotografía Palavra do día co termo #remeter

remeter.png

Fonte da imaxe

Desta volta imos actualizar as normas do concurso.... queremos que haxa mais de un participante.....

Normas da #Gincana "Palavra do Día"

  • Para concursar hai que votar este post. (Agradecense re-steems)
    • De eiquí saen os fondos para recompensar á pessoa ganhadora)
  • A palavra do día é: #remeter
  • As persoas participantes escribirán un post, baixo seu criterio, ben de texto, ben baseado nunha fotografía, arredor do termo #remeter ou en relación con el.
  • As participantes escribirán na zoa de comentarios un link ó seu traballo e un breve resumo arredor del.
    • Este paso é o que te inscribe no concurso e facilita o acceso a todas e todos ós concursantes. Un resumo atractivo pode atraer mais visitantes.
  • O concurso declararase deserto se non se inscriben mais que unha persoa. Non vai competir consigo mesma, né?
  • O vencedor recibirá o 100% do valor líquido de este post + 0.729 SBD das anteriores gincanas desertas.
  • Máximo un post por autor/a.
  • Os contidos serán orixinais do autor. O plaxio ou copy/paste descalificarán á concursante.
  • Gañará o post - no feed do autor- con mais likes.
  • En caso de empate a likes, se desempata a comentarios, e si tamén hai empate a comentarios a valor de payout pendente. (Isto xa sería a ...... )
  • Este concurso está aberto mentras este post esté activo -ata o momento de pago (7 dias)-
    • Nese intre contaranse os votos e enviaraselle o premio ás/ós agraciadas.
    • (Ti non terás interés en colocar un post nos últimos días porque seguramente non acadará a mesma difusión, pero é a túa decisión)
  • O primeira etiqueta nas publicacións que se presenten a este concurso será #pt, e a segunda, inexcusablemente #remeter
  • No caso de quedar deserto o premio, será acumulado o premio da seguinte gincana.


Calmaria, Canseira, Carnaval, Choça, Desautorizado,Dextro,Especulativo,Expelido, Forfetário, Halteres, infindável, Praxis

Proba de remuneración pendente:

dextro.png

Gincana Anterior: Dextro


Sponsors do Trail da Gazeta:

Delegación 50 SP

@wagnertamanaha, @matheusggr, @freyman.

Doazóns á @Gazetagaleguia

Moito obrigado a todos eles.

Faite Sponsor da @gazetagaleguia:


@Gazetagaleguia no Steem Center:

Contribucións | Perfil


Bate-Papo | Camoes | Lusofonia | Observador Diario |Brazilians | Brazine


Comenta, Suxire, Critica, Traduce, Partilla

Authors get paid when people like you upvote their post.
If you enjoyed what you read here, create your account today and start earning FREE STEEM!