#DICIONÁRIO DA MÚSICA# Os Resentidos: Galicia Canibal (Fai un sol de carallo)

in ptmusic •  7 years ago 
Pluma invitada: @Freyman

Corría o ano 1986 e o que escribe ainda non pintaba canas, cando un mestre de instituto xunto co mais dexenerado do rock local (persoalizados en Siniestro Total inventaron unha letanía nunha desas noites inacabables de alcol e sustancias outras ás que non imos poñer nome.

Fai un sol de Carallo !! dixolle o señor da porta a un dos da esmorga por levaren gafas de sol ás tantas da noite !!!
... e ese fai un sol de carallo quedouse no miolo dos artistas estes, que en sesións posteriores rematarían un traballo discográfico onde habitaba unha canción con ese título.

A cousa e que "Fai un sol de carallo" foi un tema incluido no LP "Galicia Canibal" que as emisoras espanholas pinchaban sen reparo algún - e isto era e é realmente noticiable- e que ademias chegou ser un auténtico boom.

O video, miraselle ben, é un collage que representaba unha época de transición política e cultural. Festas patronais, tradición, devoción, baile, a matanza do porco, a presencia de Franco (tan presente ainda), as pessoas facendolle peticións ós santos axeonlladas.. uns contrapuntos moi interesantes para reconhecer a sociedade galega unha vez os tes contextualizados.

Con isto da movida
¿que movida?,
Con isto da movida
¿que movida?

Haiche moito ye-yé
¿que movida?
Haiche moito ye-yé
¿que movida?
Haiche moito ye-yé
¿que movida?

Que de noite e de día,
¿que movida?
Que de noite e de día,
¿que movida?
Usa jafas de sol:
¿que movida?
Usa jafas de sol:

¡fai un sol de carallo!... x5

A matanza do porco
Mátallo carallo,
Mátallo carallo,
Mátallo carallo

A berra e un conxunto de berros
Dun porco cando o van matar.
San martiño oficial
Mátallo carallo
De monforte ao nepal,
Mátallo carallo

O magosto para agosto,
Mátallo carallo
Safaris do porco,
Mátallo carallo
Filloas de sangue,
Mátallo carallo
Galicia embutida:

¡fai un sol de carallo!,
¡fai un sol de carallo!,
¡galicia caníbal!

¡fai un sol de carallo!,
¡galicia caníbal!
¡fai un sol de carallo!,
¡galicia caníbal!

Etiopía ten fame
Etiopía ten fame.
Un parado occidental
Etiopía ten fame
Sostén un filete.
Etiopía ten fame

Un negro deitado,
Etiopía ten fame
Ao negro non lle chega,
Etiopía ten fame
Arrastra o bandullo.
Etiopía ten fame

O parado occidental
Etiopía ten fame
Sostén o filete;
Etiopía ten fame
O parado altivo,
Etiopía ten fame
Ao negro non lle chega.
Etiopía ten fame

Doa os teus riles:
Etiopía ten fame
Un ril á merenda.
Etiopía ten fame
Doa os teus riles:
Etiopía ten fame
Outro ril á cea.

¡fai un sol de carallo!,
¡fai un sol de carallo!,
¡galicia caníbal!
Doa os teus riles:
Moi mal organizado.

¡fai un sol de carallo!,
¡galicia caníbal!
Doa os teus riles:
Moi mal organizado.

¡fai un sol de carallo!,
¡galicia caníbal!
Doa os teus riles:
Moi mal organizado.

Se fun quen de despertarvos a curiosidade sobre estes resentidos sociais e o tema que nos ocupa, convidovos a ver este "documental" épico emitido na TV Galega ... que ben poucas cancións teñen adicado un programa de media hora... ;-)

Os Resentidos

Foron un grupo pop-rock liderados polo precursor do Rock Bravú Antón Reixa

sol_carallo.jpg

Portada disco Galicia Canibal [Captura]

Discografía de "Os Resentidos"
  • Vigo, capital Lisboa (Grabaciones Accidentales [GASA], 1984).1​
  • Fai un Sol de Carallo (Gasa, 1986)16​
  • Música Doméstica (Gasa, 1987).
  • Fracaso Tropical (Gasa, 1988).
  • Jei (1990)
  • Delikatessen (Gasa, 1992).
  • Xa Están Aquí (1993)
  • Made in Galicia 84-94 (Gasa, 1994). Disco recopilatorio.

O rock Bravú

Coñecese como bravú o movemento musical xurdido na Galiza a primieiros dos 90 a traverso de grupos que tiñan como punto común o orgullo da cultura popular galega.
O termo bravú fai referencia ó sabor e cheiro da carne de machos sen capar, como na caza ou os carneiros.
En palavras dos membros de aqueles grupos, o bravú é un "rock sin capar, que nasceu cando as guitarras chegaron ás aldeas", un rock rural, da Galiza profunda, forma de expresión dos fillos do campesinado e o proletariado mais manual que narran súas vivencias cotiáns con ironía.
Outros Notables Bravús son Heredeiros da Crus, Os diplomáticos de Monte Alto, Ruxe-Ruxe ou os Yellow Pixoliñas

Resentidos en Amazon

Authors get paid when people like you upvote their post.
If you enjoyed what you read here, create your account today and start earning FREE STEEM!
Sort Order:  

This post has been voted on from MSP3K courtesy of @thomashblum from the Minnow Support Project ( @minnowsupport ).

Bots Information:

Join the P.A.L. Discord | Check out MSPSteem | Listen to MSP-Waves

Que ilusión... nunca me puseran unha bandeira destas de voto.... ;-)
Obrigado.

Caramba! Muito bom @gazetagaleguia! Fantástico conhecer essa cultura musical da sua região! Que som interessante. Me lembrou de certa forma o grupo brasileiro Titãs (lá no começo da carreira e até a fase do cabeça dinossauro). Achei muito bom o uso da gaita de fole (se não estou enganado) e a letra! O clipe em si é uma obra de arte, muito boa a edição!
Obrigado por compartilhar isso! Por favor escreva sobre essas outras bandas que sugeriu (e tantas outras que quiser acrescentar).
:)