1984 é hoxe ... ou o pior está por vir.

in steembookx •  7 years ago 

Bos días compañeiros e compañeiras Steemians.
Hoxe resultabame obrigatorio facer un escrito arredor do libro 1984 de George Orwell, porque as "probas circunstanciais" se acumularon, e o veredicto no caso de non postear non poderá ser esquivado: ¡CULPABLE de Inacción!

1984 fala do control, pero sobre todo do pensamento imposto.

A viñeta de Luis Davila foi publicada esta mañán no diario na revisión cotián da prensa.

davila.jpg

Imaxe Faro de Vigo

Cada día nos diarios escritos e no lavamiolosTV, nos disparan informacións sobre Catalunya (ou Venezuela.. tanto ten, é unha cuestión ilustrativa] que parecen querer fomentar e reproduzir ós intres do "odio" que tantas veces fai aparecer Orwell no 1984. _Catalunya é un risco global para 2018, perda de turistas pola celebración do referendo, o paro se multiplica en Catalunya tras o 1-O, bueno... creo que si se busca o 1-O debe ser responsable tamén de algún embarazo non desexado... Atención: Non valoro a veracidade, senon o rodillo de aplanar ideas, criador e amo da mediocridade.

catro.png

Na pelicula de libre adaptación cinematográfica de 1984 dirixida por Michael Anderson unha cuestión late durante un bo anaco e poderíamos resumilo neste diálogo :
O'Connor .- Cantos dedos ves?
Winston .- Catro
O'Connor.- Pero as veces poden ser cinco si así o di o estado

1984: Libro Recomendado

Foi o usuario @jaoc6 que publicou 1984: Libro Recomendado e fixome retomar esta obra de Orwell, que sin ter esquecida fai unha chea de anos que non revisito.

El Partido de El Gran Hermano vigila en todo momento a sus ciudadanos a través de unas telepantallas que están ubicadas no sólo en las calles, sino también en el interior de sus casas, despojándolos de toda privacidad. Además de la exagerada vigilancia, el partido busca mantener a sus ciudadanos en un estado de ignorancia para que estos no sean capaces de revelarse.
[Resumo do texto sinalado: O partido vixía en todo momento á cidadanía inclusive no interior das casas. Ademais a xente está nun estado de ignorancia para que non sexa quen de rebelarse]

[THEY LIVE ] [Viven] [Sobreviven] Jon Carpenter

Indefectiblemente asocio a película They Live, de Jon Carpenter coa temática do lavado de cerebro e dos encefalogramas planos, onde somentes o superfluo ten algún tipo de valor ou interese.
As carteleiras cheas de menxases subliminais non desmerecen a ningunha das que poidamos atopar na nosa contorna.

casate.png

Fotograma de "They Live", de Jon Carpenter

O quinto poder e a complicidade necesaria

Evidentemente non se darían os casos de alienación sin a colaboración do poder da PRENSA, ainda que podo resultar un tanto inxenuo si creera que existe unha separación de poderes (de pod*res) e a prensa tivera unha voz independente .. imposible toda vez que está subvencionada...

answers.jpg

Respostas: Cara a esquerda >> Simple, mais errada. Cara a dereita >> Complexa pero correcta

Fonte da Imaxe

A prensa ademais parece ter unha obriga cos titulares, que non coa información....

Non permitas que a realidade arruine un bon titular !!

Pode ser que me liara un pouco facendo esta pequena revisión do 1984 .. pero tiña tantas gañas de contalo...

Obrigado por ter parado a leer, e obrigados tamén polos votos e os re-steem.

@Freyman no Steem Center: Contribucións | Perfil


Comenta, Sugiere, Critica, Traduce, Comparte

Authors get paid when people like you upvote their post.
If you enjoyed what you read here, create your account today and start earning FREE STEEM!
Sort Order:  

@freyman I totally agree with your thoughts