Olá, steemians!! . Somos a Gazeta

in introduceyourself •  8 years ago  (edited)

Somos un colectivo de persoas posuídas pola lingoa da galeguía (o galegoportugues / lusofonía) que abrazamos o desexo de crear un medio de comunicación transversal accesible para todas as persoas que teñen como súa a lingoa calquera variante dialectal do galego.

As persoas da equipa asumimos o seguinte manifesto:
(fonte: https://xoguemos.wordpress.com/manifesto/)

  • Xoguemos a que a lingoa anticipasenos, construindo noso referencial.

  • Xoguemos a que nin nacións nin os estados posúen as lingoas, senon que son as lingoas quenes conteñen dentro de si os povos que as falam.

  • Xoguemos a que non escrebemos en lusófono, que escrebemos en “eu mesma”.

  • Xoguemos a adquirir unha consciencia colectiva arredor da lusofonía.

  • Xoguemos a construir un espazo común co empeño de todas aquelas que acreditan na
    comunidade de países, povos e cidadáns que partillan entre si os mais fondos e duradeiros vencellos.

  • Xoguemos a non delimitar o territorio na continuidade e a demarcar identidades inconscientes perdidas no descoñecido da súa propria pluralidade e fragmentación.

  • Xoguemos a ser multiculturais, a asumir varias funcións o empregar o idioma común, a comunicar mesmo sen recorrer as palavras de tanto nos compreender.

  • Xoguemos a estimular o orgullo da cidadanía e a preservación das culturas proprias, así como no afondamento dos lazos culturais e afectivos.

  • Xoguemos a alimentar as palavras a facer carreira, a atopar os espazos onde a lusofonía sexa útil en canto lingua de traballo, de emprego, de inclusión de xéneros, de comercio, da industria, na comunicación entre fornecedores/consumidora.

  • Xoguemos a que a lusofonia sexa capaz de partillar riqueza para seus 250 millóns de falantes.

  • Xoguemos a reforzar a idea do común, do complementario e da solidariedade.

  • Xoguemos a difundir e publicitar a densidade multicultural do continente inmaterial lusófono e axudemola a expresarse en liberdade e amplitude.

  • Xoguemos a crear unha cultura dixital no ámeto da lusofonía para fomentar a producción local de información e o verdadeiro coñecemento das realidades rexionais a traverso do xornalismo cidadán e dos medios alternativos.

  • Xoguemos a loxificar unha realidade histórica para trocala nunha forza mobilizadora, congregadora de vontades e capacidades de mulleres e homes dispostos a xerar mudanzas estructurais significativas, capaces de criar unha dinámica duradeira de sustentación no tempo expresada pola proxección a longo prazo.

  • Xoguemos a visibilizar ás mulleres para que todas e todos academos os dereitos fundamentais.

  • Xoguemos a xerar oportunidades de inclusión social a traverso da tecnocultura e do coñecemento, nas oportunidades de interacción e formación continua en cultura dixital.

  • Xoguemos a trocar experiencias entre culturas, persoas e xéneros.

  • Xoguemos a incidir en sectores que permitan lanzar os alicerces de un crescemento sustentabel, igualitario e inclusivo.

  • Xoguemos a visibilizar a mala governanza, incluindo a falla de respeito polos dereitos humanos e a democracia, a igualdade de xéneros, o papel da sociedade civil e a loita contra da corrupción.

  • Xoguemos a denunciar a falla de protección social e dos dereitos á saúde e a educación.

  • Xoguemos a fomentar unha agricultura responsable e sustentabel, unha enerxía limpa autoxestionada e descentralizada que troquen os desafíos ambentais e de seguranza alimentar en oportunidades de crescemento.

  • Xoguemos a percibir como as actitudes nas relacións cos outros xéneros, co consumo, co sistema financieiro, ante o consumo percebense coa sua axeitada dimensión política.

  • Xoguemos a que o mar é a ligazón entre as diversas nazóns do Continente Inmaterial que é a lusofonía, potenciadora de sinerxias positivas, xerando unha forte corrente de sustentabilidade na defensa dos proveitos locais e ambentais, traducindose tamén nun sentemento identitario cultural.

  • Xoguemos a crear e criar unha comunidade de homes e mulleres que estabelece relacións nun espazo virtual aglutinando individualidades con intereses comúns que trocan intereses e informacións.

  • Xoguemos a minimizar as dificultades relacionadas co tempo e o espazo, promovendo a partilla de informacións e a creación de coñecemento e intelixencia colectiva.

publi xoguemos

En definitiva: Xoguemos.

  • Xoguemos a construir un medio de comunicación PERIÓDICO participativo, democrático, popular e solidario en lingoa galega calquera que sexa súa variante (lusofonía) que o tamén sexa punto de encontro dixital e espazo de intercambio de experiencias e servizos adicionais.

  • Xoguemos. Mais xoguemos sin trampas e con memoria.

  • Xoguemos a sabendas que a existencia do continente inmaterial lusófono comenzou como un acto político de ocupación, colonización, explotación e xenocidio.

  • Xoguemos a ser a barreira ós colonialismos e a avaricia dos ladróns que rouban os recursos naturais e os enclaves estratéxicos.

  • Xoguemos coa consciencia de que compre recuperar as culturas postas ó bordo da extinción por mor dos imperialismos, para percurar a precisa mestizaxe cultural para que nosa amada GAIA permañeza doce e multicolor.

engalego chegas lonxe

Nosa intención vai dirixida a crear un diario multiusuaria panlusófono onde adquira especial relevancia o sentimento de comunidade, os problemas pequenos que están en todos lugares e que nos son comúns.

As ferramentas a utilizar serán as propias da Internet, polo que parte do noso traballo de difusión debe ir acompañado de unha formación constante en alfabetización dixital e creación de canles de acceso ás redes de información.

Empezamos co posto, pero con gañas. Achegamonos a Steemit como forma de difusión, mais tamén como fonte de financiación para obter noso dominio propio e tamén noso propio aloxamento web, onde en estado de utopía ofreceríanselle owncloud, enderezo propio de correo, espazo para tenda virtual con facturación en altcoins,
... ainss

.... soñar

...sonhar...

Amosanos teu apoio suscribindo o manifesto>>https://xoguemos.wordpress.com/manifesto/

Descargar wikilibro Geografía da Galeguía Paises onde falar en Galego que nin sabías que existían...

cuberta wikilibro atlas galeguia

Si queres bloguear con nos como voluntaria, contactanos.

A Gazeta en Steemit

Este texto está baixo a licenza da túa concencia. Usao, modificao, traduceo... e lembrate de mentar á autora. CC

Authors get paid when people like you upvote their post.
If you enjoyed what you read here, create your account today and start earning FREE STEEM!
Sort Order:  

Que interessante, sou do Brasil, consegui ler e entender quase tudo que foi escrito em galego. Lembro de escutar em uma aula de espanhol quando eu estava na escola sobre a lingua galega, porem nunca tive contato ou fiz leitura de nada a respeito.
Esse é o primeiro post que estou lendo no site, mas ja tem meu apoio!

Moitas grazas polo animo...
Votase de menos no Steemit a presenza da lingoa da galeguía (a lusofonía sen connotacións imperialistas).
Axo que 250 millóns de persoas con sentires comúns e posúidos polo espirito da mesma lingoa comprelle unha canle de comunicación transversal, un luar onde amosarse espidas unhas xentes a outras... e chegando ás demandas da CPLP chegar a crear un espazo político con libre circulación das persoas.